Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

cousas deste tempo

Martes, 17 de Xaneiro de 2006

Ideólogos de encargo.

Manual de estilo do ideólogo centrista-liberal:

- Xamais recoñeza ser un ultradereitista. Vostede é un centrista liberal. Repita tódolos días o mantra: “son un centrista-liberal. Ommmm. Son un centrista-liberal. Ommm” as veces necesarias até que vostede mesmo chegue a convencerse.

- As evidencias na contra das súas opinións non importan. Néganse, e séguese a criticar.

- Cando as probas sexan abrumadoras, cuestiónase a fonte.

- Cando a fonte sexa incuestionábel, critícase o sistema, este puto país, o porco mundo, á corrección política, o xersei de Morales...

- Canto todo pareza fallar, invéntase unha conspiración. Que se Stalin, que se Castro, que se a conexión sovietica, que se a conspiración xudeo-masónica. Axítese ben antes de usar, e non esqueza xamais que, por absurdo que sexa o resultado, a faes está disposta a respaldalo editanto, como mínimo, un díptico.

- Cando non sepa xa nin que dicir, copie e pegue calquera carallada humorística que apareza por aí, aplíquelle un barniz dramático, e xa pode comezar a falar do inicio da balcanización de Galiza e o nacionalismo étnico excluínte.

- E por último, non esqueza xamais o máis importante: a II República estábao buscando. Sempre por aí provocando. E claro, os golpistas non son de pedra. Como di o outro: a culpa é das nais, que as visten como putas.

Por: XOSE LARVOS | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Peliculas de estreno