Dúbidas, zozobras, e manobras dun enxeñeiro arrepentido
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 16 de Marzo de 2006
Non o vin nunca, pero seguramente, coñecido o percal, e escoitados os delirios seductorescos james-bondianos que padecen tantos homes, calquera día, nas páxinas de contactos dos xornais, poderíamos atopar o seguinte anuncio:
Ególatra frustrado busca inxenuo piadoso disposto a crer a conquista que me estou inventando.
Nota: se algún editor de xornais lee este post, recoméndolle que se engada nas páxinas de contactos, a sección “onanismo mental”. Auguro overbooking de demandas.
Por: XOSE LARVOS | porca miseria | Comentarios (10) | Referencias (0)
náufrago | 16-03-2006 19:42:08
Os que si son realmente creativos, son os ególatras que se inventan esas historias sobre si mesmos. O deles é un problema de enfoque da creatividade.
Grazas polo folgos.
Saúdos
Larvós | 16-03-2006 19:53:57
o malo é que os ególatras frustrados deste mundo sempre, sempre atopan o seu inxenuo piadoso disposto a crer e sen necesidade de por anuncio nengún.
torredebabel | 16-03-2006 23:34:42
Pois pode parecer triste e duro pero muitos dos que se cren algo logran selo. O morro por diante ten exito neste mundo.
acedre | 17-03-2006 04:32:22
Torredebabel: canta razón tes. Sempre dan cun coitado que lles segue o rollo.
Acedre: pois tamén acertas. A xente adoita confundir egolatria con fortaleza ou fe nun mesmo, e con frecuencia son considerados, aínda por riba, como máis aptos. Triste pero certo.
Grazas aos dous polas vosas achegas.
Larvós | 17-03-2006 11:07:40
Véñenme á cabeza cantidade de discursos que non sería capaz de reproducir, ante os que ves a cara de embobados de moitos oíntes. Eu normalmente tamén fico embobada pero por outros motivos: non son capaz de crer o que oio. Ás veces penso que esas persoas en cuestión serían os líderes perfectos dunha secta co seu nome, o mellor é que estarían encantados con esa posibilidade.
besbellinha | 18-03-2006 14:46:33
Efectivamente, é inclibel a cantidade de xente que se deixa seducir por persoas que, malia ser cretinos integrais, teñen o don da persuasión. Falta sentido critico, supoño. Ou será que simplemente as veces é máis fácil deixarse levar. Quén sabe.
Saúdos
Larvós | 20-03-2006 19:12:46
Nice site!
[url=http://gtvvtjxl.com/xwlt/fzhp.html]My homepage[/url] | [url=http://cdebblad.com/hlee/tnwl.html]Cool site[/url]
Betty | 27-07-2006 06:50:30
Good design!
[url=http://pulyzuqx.com/chyf/cxzi.html]My homepage[/url] | [url=http://balraqqt.com/rcvw/qqqn.html]Cool site[/url]
Emily | 16-11-2006 14:50:59
Good design!
[url=http://ctmiphpf.com/fagg/jqay.html]My homepage[/url] | [url=http://cmbonqmj.com/arbc/dnfg.html]Cool site[/url]
Nathan | 18-11-2006 16:41:51