Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

cousas deste tempo

Luns, 27 de Marzo de 2006

Anuncios por palabras (III)

Ofrécese praza de crítico impenitente con complexo de “neno-terríbel-de-volta-de-todo” para todos aqueles que, como nós, non vexan calidade nin talento na literatura galega.
Razón: asociación galega de invidentes terminais.

Nota: imprescindíbel coche propio, disponibilidade horaria e coñecementos medios de linguas con proxección positiva. Valorarase mirada altiva e displicente, algo de autoodio ben disimulado, acento carpetoventónico e certo duende para as sevillanas.

Por: XOSE LARVOS | porca miseria | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Pero que acedo é vostede....

náufrago | 27-03-2006 19:24:05

Supoño que si. Pero convirá comigo en que escoítanse por aí cousas que piden a berros unhas pingas de ironía corrosiva, non si?

Larvós | 28-03-2006 14:25:30

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009