Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

cousas deste tempo

Xoves, 27 de Abril de 2006

Dúbida xornalística

Houbo un titular hai uns meses que me desacougou.

“Ultraderechistas entran en una librería e intentan agredir a Santiago Carrillo”.

E eu pregúntome: ¿non debería ter sido o titular “los ultraderechistas entran en una librería”?

Por: XOSE LARVOS | porca miseria | Comentarios (11) | Referencias (0)

Comentarios

Desde logo, porque ser de ultradereitas e ademais ler coido que é un imposible.

náufrago | 27-04-2006 21:52:53

fixéchesme rir un bo rato!!!

torredebabel | 28-04-2006 02:58:39

HAHAHAHA

¿Podo facer unha matización? En xeral ser "ultra" e ler son incomptatibles. Pese a que haberá quen o faga.

Manuel Rivas | 28-04-2006 03:51:52

pois pode ser factible. o mundo dos erros e inmenso.

acedre | 28-04-2006 05:03:04

Ir a unha libraría... a pegarlle a alguén. Iso supoño que é un bo resumo de ser "ultra".
En fin.

Saudiños a todos.

Larvós | 28-04-2006 10:15:26

Ir a unha libraría... a pegarlle a alguén... e sen saber que é unha libraría ;D

Manuel Rivas | 29-04-2006 22:47:47

A mín pasaoume coma a Torredebabel, ainda me fixeches rir oh!.

Unha aperta
;)

P.D Chorei coa risa.

Marinha de Allegue | 30-04-2006 21:32:46

:)

Marcos | 30-04-2006 22:18:02

Non nos enganemos, o "mein kampf" tamén é un libro. A min "ultra" paréceme incompatible con intelixente pero non con "lido". Na letra impresa hai tamén mantenza para tódolos fanatismos.

caravelete | 02-05-2006 09:54:47

é ben certo, hahahaha, aínda que os ultras teñen tamén as súas librarías (só coñezo esa que hai en Santiago ao lado do cine Yago, que se chama... San Pablo?)

bola extra | 05-05-2006 08:51:45

Quizais conviría diferenciar libro e panfleto. Os primeiros estimulan o espítitu crítico. Os segundos xusto o contrario: queren adoutrinar.
Os ultras tenden a preferir os panfletos. E cando lles dá polos libros de verdade, case é peor. Eu sigo aínda sen explicarme como os neonazis chegaron á conclusión de que Nietzche é o seu mellor ideólogo. Manda carallo, o Así falou Zarathustra, máis que leelo, semella que so metesen polo cu.

Saúdos e graciñas a todos polas vosas achegas.

Larvós | 05-05-2006 11:51:55

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Obama