Dúbidas, zozobras, e manobras dun enxeñeiro arrepentido
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 09 de Maio de 2006
Non son moi dado as citas, pero onte atopei unha de Albert Einstein que creo que paga a pena divulgar:
"Triste época a nosa, na que é máis sinxelo desintegrar un átomo que un prexuizo".
Pois si. Xa temos aceleradores de partículas capaces de descompoñer a materia até as súas mínimas faragullas subatómicas, pero aos monolitos coma este ¿que acelerador os descompoñerá?
Por: XOSE LARVOS | porca miseria | Comentarios (12) | Referencias (0)
maray | 10-05-2006 05:27:54
Tristes épocas todas, habería que engadir. Dentro do malo, creo que vivimos nun tempo e nun anaco de planeta en que se pode poñer todo un dúbida, mesmo o prexuízo máis asentado. Un saúdo.
Veloso | 10-05-2006 09:02:58
Maray: sen dúbida, ante a morte tódolos homes somos iguais. O que nos falta é saber sendo conscientes dese feito.
Veloso: supoño que si, tódalas épocas, no fondo, foron escuras. Hoxe, non embargante, hai un grande contraste entre as cotas alcanzadas polo coñecemento humano, e a súa coexistencia cos intintos máis absolutamente primarios. En fin.
Saúdos.
Larvós | 10-05-2006 09:07:59
bola extra | 10-05-2006 09:45:54
Non, a verdade é que fulanos que zoan nas inmediacións do fanatismo hainos xa por todas partes. desgraciadamente.
Saúdos
Larvós | 10-05-2006 11:51:34
A monolitos coma ese non hai quen os mova. Porque o movemento que procuramos esixe unha certa racionalidaed, e dentro dese cabezón non hai diso.
náufrago | 10-05-2006 14:33:32
É que nos últimos tempos semella que hai un movemento que tenta reescribir a historia. Un exemplo que me pon enfermo son as recurrentes reportaxes que cada certo tempo botan nalgunha cadea de televisión onde se amosa o fermosa que era a vida nos anos sesenta en España. Se un mozo de 15 ou vinte anos ve iso, como vai darse de conta do que en realidade sucedeu e do réxime que había hai corenta anos.
Máis ca este fulano, dame máis pavor a cantidade de xente que lle enviaba correos apoiandoo. Monolitos deste tipo... habelos, hailos... e desgraciadamente son moitísimos.
Oskiña | 10-05-2006 14:48:58
Por non falar do cabezón do Pio Moa. Pasar do Grapo ao revisionismo filofascista-franquista é un mérito que so alcanzan as mentes ben retortas. A moderación semella que non entra na súa linguaxe.
Larvós | 10-05-2006 18:10:56
A ese home haberia que demostrarlle con feitos o que foi aquela barbarie. Pero, claro, seria baixar ao seu nivel.
acedre | 11-05-2006 05:39:04
Sospeito que a estes non se lles pode demostrar nada. Teñen o don de ver so o que queren, o que lles apetece, o que lles presta... un nivel ben baixo o seu.
Saudiños
Larvós | 11-05-2006 09:11:05
náufrago | 11-05-2006 19:33:50
Si, pero en vez de dar con "Malde e Escali", deu con J.Losantos e Libertad Genital... o peor que lle pode pasar a un toleiran é que lle dean leria. En fin.
Larvós | 12-05-2006 16:22:52