Dúbidas, zozobras, e manobras dun enxeñeiro arrepentido
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 16 de Xuño de 2006

Supoño que acometer unha denuncia coma esta coa foto do esquío aí abaixo non é o mellor xeito de actuar… pero ben. Un blog é así: hoxe poste trascendente e combativo e mañán xa estás falando do Celta, ou do ben que o pasaches na festa da vieira. Así que mellor vou á cerna do asunto e deíxome de lerias. Como di o meu xefe cando mete a pata: “non se podía facer nada. Isto é coxuntural”.
Esa imaxe que vedes aí arriba é unha oferta de emprego actual publicada no Faro de Vigo, xornal decano da nosa cidade, e que, polo visto, non ten reparo ningún en publicar un anuncio evidentemente xenófobo (por non engadirlle de paso o de machista. O tipo non quere que unha extranxeirA lle faga de asistenta). Non estou seguro ao cen por cen, pero sospeito que algo así vulnera o código penal, ou cando menos, debería facelo. Se non é así, vai sendo hora de mudalo. Como dixo John Stuart Mill: “As leis non se mellorarían se non existisen numerosas persoas cuxos sentimentos morais son mellores que as leis existentes”. Poñer un anuncio con discriminación incorporada sen ningún pudor non debería estar permitido nun estado de dereito. E menos aínda que un medio acepte publicarcho sen rechistar sequera.
Pola miña banda, enviei unha queixa ao Faro de Vigo. Se coincides comigo neste enfoque, indícovos que na súa web aparecen varios enderezos electrónicos aos que dirixirse.
En fin. Espero velo desaparecer o antes posíbel.
PD: queda confirmado. Algúns galegos xa non se lembran de que, non hai moito, as extranxeiras ás que terceiros (merdeiros) pedían que se abstiñesen eran as nosas nais, as nosas avoas, as nosas tías, etc.
Por: XOSE LARVOS | porca miseria | Comentarios (14) | Referencias (0)
Marinha de Allegue | 18-06-2006 00:26:46
Absolutamente vergoñento. E o peor é que os xornais, suponse, teñen un Libro de Estilo ou algo así para que os que neles escriben eviten, por exemplo, actitudes xenófobas coma esa. Sen embargo, non teñen problema en publicar un anuncio así, por non falar dos millóns de euros que gañan grazas á mafia da prostitución que, a día de hoxe, debe de ser un dos grandes alimentos da prensa local.
náufrago | 18-06-2006 12:26:46
Non creo que aos medios de comunicación lles importe demasiado de onde proceden os seus ingresos, só que se produzan. En casos coma ese debía actuar a fiscalía de oficio ante a evidencia do delicto, non?
X | 18-06-2006 22:49:19
Eu penso que o que vulenera é a Constitución. ¿Non hai un sitio no que se di que todos somos iguais independentemente do sexo (non do xénero, por favor), da raza, das crenzas políticas ou relixiosas...?
Pois eso.
Manuel Rivas | 19-06-2006 12:31:10
Canto máis o penso máis forte me parece o anuncio. De feito, acabo de decidir que lle vou enviar unha copia do asunto a SOS RACISMO para que lle tiren das orellas aos do Faro.
Saúdos e grazas polas vosas achegas.
Larvós | 19-06-2006 13:16:54
Veloso | 20-06-2006 19:58:55
Larvós | 21-06-2006 13:28:00
nada máis vergoñento que a perda da memoria e o esquecemento das dores e humillacions dos nosos. Sempre pensei que o verdadeiro éxito dunha discriminación non é deixar fora ao discriminado senón convertilo nun novo discriminador. Un galego que discrimina a extranxeiros é iso: o éxito da discriminación.
torredebabel | 22-06-2006 01:40:20
Torredebabel, esa reflexión: "verdadeiro éxito dunha discriminación non é deixar fora ao discriminado senón convertilo nun novo discriminador" é unha das cousas máis lúcidas e intelixentes que escoitei en moito tempo. Por suposto, estou totalmente de acordo.
Saúdos
Larvós | 22-06-2006 10:25:15
Tamén se dá o caso contrario, empresas e particulares que prefiren traballadores estranxeiros... porque cobran menos. É isto máis "ético"?
Gemma | 27-06-2006 08:57:22
Eu non vin en ningures semellantes anuncios, polo momento.
Claro que non é ético o que me indicas. E por certo, non é que "cobren menos", senón que "páganlles menos". Aí os estranxeiros son a parte pasiva, non a activa. A ver se, ainda por riba de que lles pagan menos, van ter eles a culpa.
Larvós | 27-06-2006 09:20:32
Perdoa, expliqueime fatal. Non digo que sexa culpa súa, por suposto eles teñen que gañar diñeiro, e van aceptar o que faga falta. O que quería dicir é que teño visto moitos casos de xente que non quere "nacionais" para un traballo, porque non se van deixar explotar.
Nin sequera cando se aceptan inmigrantes como traballadores se lles dá un trato xusto, era iso o que quería dicir.
Por certo, gústame moito o teu blog =)
Gemma | 27-06-2006 12:41:53
Non sei se te explicaches mal, ou se fun eu, que ía, como se di no meu pobo, "co paso cambiado". En calquera caso, todo aclarado. Estamos de acordo.
Saúdos
Larvós | 27-06-2006 13:43:35
La verdad es que es impresionante como funciona la memoria selectiva. Está claro que ya no recordamos los tiempos en los que la mayor aprte de nuestras familias se veian obligadas a ir a otros paises (Suiza, Argentina) para poder subsistir. Sin comentarios (aunque yo ya lo he puesto ;)
Seo | 17-10-2006 17:47:34