Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

cousas deste tempo

Mércores, 05 de Xullo de 2006

Autoodio Nunca Máís: AUTORRETRANCA!!!

Como son declaradamente marxista (por Groucho, non por Karl) e inspirado por un recente post de Besbellinha, mándolle a tódolos navegantes o seguinte aviso:

Eu nunca entraría nun blog escrito por un tipo coma min.

Agora vos facede o que queirades.

Por: XOSE LARVOS | cousas miñas | Comentarios (9) | Referencias (0)

Comentarios

¿E logo como fas para actualizar?

náufrago | 05-07-2006 13:02:18

A túa pregunta lémbrame ao paradoxo aquel citado por Borges sobre o cretense que dixo "os cretenses sempre minten"...

Eu nunca actualizo. Os creteses sómosche así.

Larvós | 05-07-2006 13:21:18

Absurda situación, inxeniosa resposta, interesante dilema, adxectivado nome (máis que nada pra seguiren a liña absurda :D)

Manuel Rivas | 05-07-2006 18:43:45

Você pode não entrar, já eu...gosto de entrar aqui, independente do tipo que o escreve :)

maray | 06-07-2006 19:36:14

Pois encantado de que teimedes en seguir entrando :D

Larvós | 07-07-2006 10:33:38

Seguindo na mesma, non poido dicir que non estou en desacordo con vostede.

Mirando por aí cheguei a este sitio, igual lle gusta:
http://www.paradoxportal.com.ar/index.html

Ah, eu vou seguir entrando, que veño aqui fuxindo de situacións...xa se sabe como sigue. Un saúdo!!

besbellinha | 08-07-2006 14:14:15

pois eu tamén entro, eh? e pasoo moi ben polo que vostede non será tan malo como pensa, ou eu estou preto do masoquismo...

torredebabel | 11-07-2006 02:40:48

¿Cretense? Daquela eu non estou tan tolo cando digo que, a pesares de non ter estado alí nunca, eu sonlle de Liverpool.

náufrago | 11-07-2006 10:52:03

Non sabedes qué ledicia me produc que, malia o meu comentario, sigades a perseverar en entrar aquí :D

Saúdiños

Larvós | 12-07-2006 11:49:47

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009