Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

cousas deste tempo

Xoves, 14 de Setembro de 2006

Aínda que non haxa indicios que o fagan sospeitar, aseguro que esta bitácora segue viva.

Regresei ao curro hai un par de semanas e, coma sempre, o primeiro que verifiquei foi que viaxar curará o nacionalismo, pero debe ser o único que cura, porque os gilipollas volven de Tailandia igual de gilipollas que cando se foron. Polo que a min respecta, estiven en Portugal, e aproveito tamén para dicir que non percibo en min mesmo cambio estructural ningún. Ou sexa que non; que viaxar non cura nadiña de nada. E eu que contaba con ter, cando menos, algunha dioctría menos en cada ollo…

Por outra banda, infórmovos que aínda estou coa boca adormecida logo dunha visita ao dentista (tamén coñecidos como “piñólogos” na miña rúa), ou mellor dito: a un fulano que asegura ser dentista. A verdade estes tipos o único que fan é serrar, taladrar, encher os buratos que eles mesmos fixeron con cemento… en fin; que o tipo tanto pode ser odontólogo como un domingueiro que mirou un par de capítulos de bricomania e que anda a empregar as bocas alleas coma campo de probas. Pero ben; démoslle un voto de confianza. Quizais nun par de semanas volva a sentir que na miña cabeza hai algo dos ollos para abaixo. Agora mesmo so percibo unha especie de baleiro no continuo espazo-tempo. Espero que so sexa a anestesia e que non que vaia aparecer unha Anana Branca baixo o meu bigote. Desde que andan a enredar coa física cuántica xa non pode un fiarse de ninguén.

Polo demáis, unha serie de contratempos familiares impedíronme preparar un post como deus manda, algo realmente digno da incompetencia que me caracteriza, así que voume limitar a deixar aquí este sinal de vida. Espero volver pronto ao blogueo activo e poñer “cousas deste tempo” onde se merece.

Treme “Vieiros”, que che vou roubar toda a audiencia.

Por: XOSE LARVOS | cousas miñas | Comentarios (5) | Referencias (0)

Comentarios

Pois nada, non sabes a ledicia que nos dá a moitos a túa volta.

náufrago | 15-09-2006 11:42:29

Alégrome de que vos alegredes... acabamos de crear un sistema retroalimentado de sorrisos

Larvós | 15-09-2006 17:30:05

:D

X | 15-09-2006 20:47:22

que ben que xa estea de volta. Eu tamén apoio a Díaz Pardo pero tantos días de apoio e apoio e apoio o coitado estaría cheo!!

torredebabel | 18-09-2006 19:41:46

Saúdos a amb@s. Encantado de volver a "vervos"

Larvós | 21-09-2006 16:15:22

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009